Anuncios SuperBowl 2011
YouTube crea unha canle para la recopilación dos anuncios emitidos na SuperBowl 2011, onde o máis visto foi o spot do novo Passat.
Leer más
Sony cambia de axencia de publicidade
A finais de ano, por «problemas de entendemento» coa xenial axencia Fallon, Sony contratou a Anomally para realizar as suas novas campañas; perdendo a primeira uns 65 millóns de Euros anuais.
Esta é unha das novas campañas de Sony para promover Sony TV por Internet realizado por Anomally:
E esta é ao noso xuizo unha das mellores campañas de publicidade da historia en TV realizada por Fallon:
Os vídeos en Internet, máis efectivos que a Televisión
Se os anunciantes adaptan a súa mensaxe ao medio, Internet podería coa TV como soporte publicitario. Polo menos iso despréndese do último estudo de comScore en Estados Unidos. O informe asegura que os internautas de vídeos na rede teñen unha mellor tolerancia para asumir as mensaxes publicitarias que os espectadores de televisión. No estudo, ademais, apúntase que unha adaptación dos anuncios ás necesidades do medio online, poderían facer mellorar aínda máis a efectividade das mensaxes e a receptividade do usuario (ver imaxe recadro vermello).
Fonte: http://blogs.elpais.com
Entrevista a Iago Pico do estudo Pousada Son
Iago Pico é o fundador e produtor musical de Pousada Son, estudos de gravación situados en Pousada (Ames) Galicia. A pesar da súa xuventude xa realizou máis de 200 concertos como mesturador, realizado infinidade de gravacións de todo tipo dende maquetas a discos, e poderíase dicir que traballou en practicamente tódolos campos do audio. A continuación contaranos como é a situación do mundo musical na actualidade e moitas máis cousas.
Dobleclic – ¿ De onde ven a paixón polo son e que te impulsa a construír un dos mellores estudos de audio de Galicia ?
Iago Pico – Dende pequeno, sempre me chamou a atención tanto a música como todo o tema dos aparellos que tiña meu pai pola casa, abríaos e “xogaba’’ con eles. Digamos que creo que nacín para isto, custaríame bastante desenvolver outra profesión que non estivera relacionada con este mundo.
A idea de construír un estudo comercial, xa roldaba pola miña cabeza dende o primeiro ano que empecei a estudar son, e con esforzo, constancia, dedicación e uns pais que confiaron sempre en todo momento en min, conseguín levantar o que é hoxe Pousada Son Studios.
DobleClic – ¿ Es fácil compatibilizar a paixón coa profesión? ¿ Existe algún problema ?
Iago Pico – A veces faise moi difícil, xa sexa porque as horas que invirto son infinitas aínda que para nada o parezan. O tempo pasa moi rápido cando che gusta o que fas. A veces poste a retocar algún traballo que estimas que levará un par de horas, pero sempre acabas mirando o reloxo e botando as mans a cabeza, jaja…
DobleClic – ¿Que servizos ofrecedes?
Iago Pico – Practicamente abarcamos una gran variedade de servizos dentro do “audio”. Traballamos con grupos nas súas xiras de directo, ofrecémoslle o paquete íntegro da gravación dun disco e/ou maqueta, a edición do formato físico (cd/dvd), postprodución de son para audiovisual (curtametraxes, cine, docs…) cuñas publicitarias para radio, en fin, practicamente de todo un pouco, pero sobre todo a produción de discos.
DobleClic – ¿Como é unha sesión de gravación en Pousada ?
Iago Pico – Segundo a experiencia de moitos clientes que pasaron polas nosas instalacións, cabe destacar a confortabilidade e a comodidade que se atopan ao entrar no estudo, onde o trato que reciben sempre é agradábel e respírase un ambiente moi san, ideal para que o traballo que se realice cumpra as expectativas depositadas nel. Creo que se agradece un clima así cando estás en xornadas de gravación de 8-10 horas durante varios días.
DobleClic – ¿Que equipos e que vantaxas tendes en Pousada Son ?
Iago Pico – Contamos con unhas instalacións envidiables, situadas moi preto de Santiago de Compostela, garantindo a desconexión necesaria do ruído inherente propio de unha cidade, poñendo a disposición do cliente unha superficie de 2.400 m2 con multitude de espazos verdes axardinados, piscina cuberta climatizada, cancha de baloncesto e fútbol…
E no estudo contamos con material de 1ª gama a nivel internacional cos mellores equipos do mercado. Cabe destacar a última adquisición de Pousada Son Studios. Un equipo HI-FI de monitoraxe, composto por Lipinski’s 707 amplificados con etapas Bel Canto y sub-grave Jl- Audio Fathom 112. Un dos mellores sistemas de “altofalantes’’ do mundo avalados por autoridades como Bob Katz, Glenn Meadows…
DobleClic – ¿Hai carencias nos estudos locais? ¿ Porque os grandes grupos gravan noutros paises?
Iago Pico – Hai grandes estudos en Galicia altamente calificados cun potencial enorme. Sinceramente creo que seguimos coa “cultura’’ de pensar que o de fora sempre é mellor, e o que poido contar pola miña experiencia e que non é así, dende logo que hai grandes profesionais fora de Galicia- España, pero aquí os hai moi moi bos tamén, o que pasa é que se eres un grupo galego e masterizaches en USA, comercialmente pareces “mellor’’, pero sonicamente é moi discutible.
DobleClic – ¿Cal é o futuro musical de Galicia?
Iago Pico – Cada vez saen máis grupos e a formación musical tamén avanza, xa sexa porque hoxe en día grazas a internet se teñen máis medios para ver/aprender de moita xente. Encantaríame que se invirtise máis no futuro musical da xente da terra, dende a xunta, concellos, etc…
Están saíndo cousas, pero creo que se podería facer moito máis e máis eficiente para que os grupos/artistas de Galicia se viran realmente beneficiados.
DobleClic – ¿E o de Internet?; ¿O soporte web acabará coas discográficas ou estas seguirán tendo poder dentro da rede e competirán con iTunes e os outros servidores de música?
Iago Pico – Está claro que o soporte físico en este caso o CD, xa está morto a nivel comercial, ten os días contados ,e co tempo será consumido por e para melómanos e/ou coleccionistas, o vinilo subirá as súas ventas como xa o está a facer actualmente debido a esa “morriña’’ do analóxico e por outros factores que serían moi longos para comentar.
As discográficas téñense que amoldar ao novo negocio, e terán que aplicar un modelo chamado 360º, no que intentarán non só dedicarse a distribución dun soporte físico, senón a representación de un artista a nivel publicitario, xiras de directo, gravación, distribución, etc…
Creo que o futuro da música por internet, acabará sendo libre para todo o público a cambio de uns acordos entre discográficas, servidores web, e entidades que xestionan os dereitos do autor.
DobleClic – ¿Cambiará isto o formato de presentación dos grupos musicais, seguirán existindo os álbumes compostos dun grupo de cancións ou tenderase a individualizar cada peza?
Iago Pico – Como moi ben dis, o formato disco, perderá sentido no caso de obras que non teñan un común denominador, é dicir, discos de temática variada entre os seus temas sen necesidade de estar ligados entre sí. Seguiranse facendo discos temáticos pero distribuiranse preferentemente os “singles’’. Xa que se un tema costa un euro, e un disco enteiro costa sete euros, facendo contas, é convinte poñerse a vender singles.
DobleClic – Para acabar: ¿Pensaches en sorprendernos con algunha nova proposta sonora?
Iago Pico – En uns meses haberá novidades, con uns proxectos que non van a quedar na indiferenza de ninguén, xa que vamos a realizar un traballo con artistas de outros continentes, cuxo contido será difundido pola rede, ademais de poder con un soporte físico para aquel que o queira ter nas súas mans. Non digo máis, só hai que esperar un pouco e pronto poderedes gozar deste novo proxecto nunca feito en Galicia anteriormente.
Moitas grazas polo voso tempo, foi un pracer responder as vosas preguntas.


Síguenos!