22 Feb 2012

Entrevista a David Díaz

Revista DobleClic 1 Comentario

David Diaz
www.david-diaz.es

David Díaz (Madrid 1974), ao contrario que a maioría dos fotógrafos que empezan na fotografía para pasar despois, ben por devoción ou ben por obriga, ao retoque fotográfico, empezou retocando e restaurando fotografías. E foi despois de ter a técnica e a experiencia suficientes como para afrontar calquera reto cando decidiu retocar as súas propias imaxes mergullándose no mundo da fotografía. Quizais sexa esa a razón pola que as súas fotografías contan cun aire e cun estilo propio, onde o retoque está presente na imaxe, pero sempre dunha maneira moi realista. É perfeccionista e meticuloso ao máximo sempre que se pon detrás da súa táboa dixital.

DobleClic: Como aprendiches a crear e a retocar imaxes? O traballo con ordenadores é mecánico ou ten compoñentes de talento e inspiración?

David Díaz: Aprendín estudando retoque fotográfico por ordenador e pasando horas e horas detrás da pantalla retocando e perfeccionando a técnica para conseguir que os meus retoques pasen o máis desapercibidos posible, o que podería chamarse retoque fotorrealista, onde o retoque é evidente, pero sempre tentando que quede o máis real que sexa posible. Para isto, axudoume moito o meu traballo como restaurador de fotografías antigas, onde cada imaxe é un reto, e onde tes que abordar diferentes técnicas para obter sempre o mesmo fin, que a imaxe pareza tan real coma o día que se tomou. Esta é a razón pola cal cheguei a ser tan detallista nas miñas fotografías.
Leer más

Comparte!
20 Feb 2012

O Corpo Humano

Revista DobleClic 1 Comentario

O corpo humano foi ao longo da historia a principal fonte de inspiración da arte, dende as cavernas ás culturas gregas e romanas, pasando polo Renacemento ata a actualidade. O retrato fidedigno e creativo das súas formas converteuse nunha obsesión para os artistas de todas as épocas. Na actualidade, as novas ferramentas dannos unha perspectiva e unhas posibilidades nunca imaxinadas ata agora, con resultados sorprendentes, onde se poden chegar a fusionar calquera tipo de idea sen ningún tipo de límite.

Esta colección de manipulacións ilustran de maneira sorprendente o potencial da creación dixital cunha gran dose de imaxinación creativa. Desfrútaa.
Leer más

Comparte!
09 Mai 2011

Retoque Fotográfico

Revista DobleClic Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

Se lle damos a un usuario talentoso de Photoshop ou Gimp unha fotografía as posibilidades só están limitadas á imaxinación. O dominio da ferramenta é moi importante para crear fotomanipulacións cribles e elegantes pero o fundamental é a capacidade e necesidade de crear e expresar.
Hai manipulacións sutís de fotos e hai as que representan unha ilusión executándoa dun xeito realista; algunhas son divertidas e algunhas faranche pensar, pero todas elas son visualmente impactantes.
Leer más

Comparte!
26 Abr 2010

40 asombrosas manipulacións de fotografías

Blog Arte, Blog Deseño Gráfico, Blog Publicidade 2 Comentarios

Se damos a un usuario talentoso de Photoshop unha fotografía as posibilidades só están limitadas á imaxinación. As foto-manipulacións son ilusións creadas polas técnicas de edición de fotografías.

Hai manipulacións sutís de fotos e hai os que representan unha ilusión desatinada executándoa dun xeito realista.

Neste artigo recompilamos 40 magnificas manipulacións de fotos.

Algunhas son divertidos e algunhas faranche pensar, pero todas elas son visualmente impactantes.

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

photo manipulation

Fonte: www.webdesignledger.com

Comparte!
15 Mar 2010

Entrevista a Ografico Deseño

Entrevistas 1 Comentario
Ografico Deseño é un estudo de deseño gráfico dirixido por Javier Pérez afincado en Santiago de Compostela pioneiro en Galicia e creador de tendencias realizou numerosos traballos para a Xunta de Galicia, outras moitas institucións e no sector privado.
DobleClic -  ¿Como foron  os teus comezos no deseño a primeiros dos 90?
Ografico – Comecei traballando nunha fotomecánica, onde ademais da elaboración de fotolitos e traballos de escáner realizábase o proceso completo para a creación de calquer publicación fose un libro ou unha revista.  Ahí aprendín moito sobre tódalas partes do proceso de produción.
DobleClic – ¿Que tecnoloxía se usaba no deseño gráfico por ordenador?
Ografico – Sempre tiven a sorte de traballar con equipos Apple e coas primeiras versións de programas como Freehand, QuarkXpress ou Photoshop.
DobleClic – ¿Como ve o cambio e a evolución de esa tecnoloxía na actualidade?
Ografico – En canto ao proceso previo, o software utilizado para crear os traballos de deseño evolucionou e profesionalizouse; e con respecto ao proceso de impresión: a aparición do directo de prancha e a utilización na  imprenta das tramas estocásticas supuxo un cambio moi grande nos procesos de traballo, reducíronse os tempos e os custos de produción ademais de mellorar a calidade do traballo considerablemente.
DobleClic – ¿Cal é a maneira axeitada para cordinarse co cliente, saber lelo e crear o produto axeitado as suas necesidades e propósitos?
Ografico – Hai que involucrarse plenamente co proyecto, preguntarlle moitas cousas ao noso cliente para coñecer ao máximo a súa empresa e produto e establecer uns obxetivos claros do que se quere conseguir. Como é esa empresa e como a ven e como quere ser e como quere que a vexan. Moitas veces é cuestión de química, se funciona todos saimos gañando.
DobleClic – ¿Que proxectos ten Ografico na actualidade?
Ografico – Como proxecto máis destacable actualmente temos o desenvolvemento da Identidade corporativa para a «Universidad de la Rioja».
DobleClic – ¿E para o futuro ?
Ografico – O día a día absórbete e creas e traballas o que outros che encargan, queremos tamén explorar a posibilidade de levar a cabo proxectos personais de edición.
DobleClic – ¿Afectou a crise ao sector publicitario ?
Ografico – Aféctalle como a calquer outro sector produtivo, coñezo compañeiros que reduciron o seu plantel e outros casos incluso máis drásticos. Cúmprese o tópico de que moitas empresas se teñen que reducir gastos fano na publicidade e promoción.
DobleClic – ¿Porque debe invertir unha empresa en publicidade nun momento de descenso do consumo ?
Ografico – A inversión en publicidade nas Pemes, que son a maioría das empresas de este país, debe resultar eficaz. Temos que convencer a estas empresas de que non se trata de un gasto inútil, e que hoxe en día nunha situación de mercados globais o empresario compite con produtos que veñen de países con custos de produción inferiores e iso obrígalle a incidir sobre os aspectos que aportan maior valor engadido aos  seus produtos para facelos máis competitivos.
DobleClic – ¿Hai calidade nos estudos e profesionais publicitarios galegos?
Ografico – Moitísima, hai profesionais estupendos que fan moi bos traballos. Quizais o que nos falte é un pouco de promoción interna das nosas creacións.
DobleClic – Para despedirnos: ¿cal é o mellor traballo que lembras?
Ografico – Teño un grato recordo de una identidade que creamos para unha adega de Valdeorras;  Casal Novo. Fai xa 10 anos aproximadamente, confiaron no noso criterio dende o principio e para todo, o cal resultou moi estimulante.
Comparte!
26 Feb 2010

Os mellores tutoriais de Photoshop do 2009

Blog Deseño Gráfico, Blog Deseño Web, Blog Publicidade 1 Comentario

Web Design Blog fai unha recopilación persoal dos mellores titoriais de Photoshop durante todo o 2009, merece a pena ollalos pois hai traballos moi bos.

Comparte!