Vídeos da Conferencia de Ecommerce CONECOM 2012
Presentación da Conferencia de Ecommerce CONECOM 19 de Abril Pazo de Congresos de Santiago de Compostela con
Dona Reyes Leis, Concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados de Santiago de Compostela.
Don Fernando Barros, Secretario General en Funciones de la Cámara de Comercio de Santiago.
Don Jesús Ramón Sáenz-Díez Belín, xefe do servizo de Promoción Comercial e da Artesanía.
Don Xosé Rivera, Creador y promotor de CONECOM Leer más
Industria subvenciona o comercio electrónico
O Ministerio Industria destina 1,6 millóns a potenciar o comercio electrónico nas empresas poñendo en marcha o programa ‘¿Vendes na Internet?’, especialmente destinado a pemes e autónomos.
Segundo o último informe B2C do ONTSI, o comercio electrónico en España experimentou un crecemiento do 17,4%, pero o Ministerio de Industria considera a cifra insuficiente para equipararnos ás cifras de negocio que se manexan no resto dos países da comunidade europea.
Para potenciar e incentivar este impulso no ECommerce, o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Víctor Calvo Sotelo, xunto co director xeral de Red.es, Borja Adsuara, presentaron hoxe o programa “¿Vendes en Internet?”.
É unha iniciativa do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, para consolidar o uso da Internet como canle de vendas entre pemes e autónomos que posue un presuposto de 1,6 millóns de euros.
Leer más
Métodos de Cobro para tenda en liña
Un sistema de pagamento electrónico realiza a transferencia dos cartos entre comprador e vendedor nunha compravenda electrónica. É, por isto, unha peza fundamental no proceso de compravenda dentro do comercio electrónico.
Como exemplos de sistemas de pagamento electrónico, atopamos as pasarelas de pago ou TPV-virtual para o pago con tarxeta, os sistemas de moedeiro electrónico e os sistemas que se conectan directamente coa banca electrónica do usuario.
O comercio electrónico por internet ofrécese como unha nova canle de distribución sinxela, económica e con alcance mundial as 24 horas do día, todos os días do ano, e isto sen os gastos e limitacións dunha tenda clásica: persoal, local, horario, infraestrutura etc.
- TARXETA: PASARELAS DE PAGO BANCARIAS
- PAYPAL
- GOOGLE CHECKOUT
- CONTRA REEMBOLSO
- TRANSFERENCIA BANCARIA
Promocionar a miña tenda en liña
O SEO (Search Engine Optimización) é o conxunto de técnicas que se utilizan para mellorar o noso posicionamento nos principais buscadores en cada un dos seus tipos de resultados e en cada un dos produtos, de xeito que os nosos clientes potenciais nos atopen con facilidade e poidamos realizar o maior número de vendas. Pois ben, neste traballo é fundamental medir os resultados para saber que política é a correcta.
Debemos comezar por unha optimización base como para calquera outra páxina web, xa que todo debe funcionar de maneira axeitada para gañar credibilidade, e faremos especial fincapé nos seguintes elementos:
- -Os títulos, descricións e palabras claves da páxina. Estes elementos seguen sendo fundamentais para posicionarnos dentro dos resultados relacionados cos termos buscados.
- -Que non existan enlaces rotos.
- -Incluír metaetiquetas
- -Usar etiquetas de títulos (H) para referenciar os conxuntos de texto máis importantes.
- -Coidar o peso das imaxes e da carga da web en xeral.
- -Non usar java nin flash.
- -Colocar as palabras claves axeitadas, xa que máis palabras non proporcionan un mellor resultado, estas han de ser as axeitadas.
- -Non esquecer crear un pé de páxina con información da empresa que garanta a nosa competitividade.
- -Así mesmo, resulta determinante o resto de contidos inseridos na web e as súas características. Por suposto, deben ser orixinais e non copiados, tanto de texto, coma de imaxes ou vídeo.
Woorank (www.woorank.com) proporciónanos unha análise gratuíta de todos estes factores e realiza suxestións para optimizar a nosa web.
Leer más
Introducción ao Comercio Electrónico
Todos os florecementos culturais e todas as civilizacións xurdiron a través do comercio, que serviu para importar novas ferramentas, novas especias e ampliar así o rango de posibilidades das vidas e das obras da sociedade, mellorar a técnica dos artesáns e gozar de novos sabores. O comercio existe dende que existe a sociedade e tivo diferentes formas e intensidades. Á nosa xeración tocoulle vivir unha ampliación na forma, o que supón unha maior facilidade e versatilidade, cun menor investimento e esforzo, pero segue sendo simplemente comercio: fabricar e vender ou comprar e vender.
Certamente, unha tenda en liña ten certas particularidades que non ten unha tenda física. Na maioría dos casos son vantaxes, pero tamén hai algunha desvantaxe, todo é en función do produto ou do servizo que queiramos vender. Debemos avaliar se o noso produto ou servizo (no cal somos especialistas) é susceptible de ser comerciado en liña e, se o é, de que xeito.
Leer más
Evolución do Comercio Electrónico en Galicia
COMERCIO ELECTRÓNICO EN GALICIA
Análise para El Correo Gallego
INTRO
Tódolos florecementos culturais e tódalas civilizacións surxiron a través do comercio, que serviu para importar novas ferramentas, novas especias e novas ideas; ampliando así o rango de posibilidades das vidas e obras dos grupos sociais. O comercio existe dende que existe a sociedade e tibo diferentes formas e intensidades. Á nosa xeración tocoulle vivir unha ampliación na forma, o comercio electrónico, o que supón unha maior facilidade e versatilidade con unha menor inversión e esforzo, pero segue sendo simplemente comercio: fabricar e vender ou mercar e vender.
Leer más

Síguenos!