26 Mar 2012

Métodos de Cobro para tenda en liña

Blog de Comercio Electrónico, Revista DobleClic 2 Comentarios

Un sistema de pagamento electrónico realiza a transferencia dos cartos entre comprador e vendedor nunha compravenda electrónica. É, por isto, unha peza fundamental no proceso de compravenda dentro do comercio electrónico.

Como exemplos de sistemas de pagamento electrónico, atopamos as pasarelas de pago ou TPV-virtual para o pago con tarxeta, os sistemas de moedeiro electrónico e os sistemas que se conectan directamente coa banca electrónica do usuario.

O comercio electrónico por internet ofrécese como unha nova canle de distribución sinxela, económica e con alcance mundial as 24 horas do día, todos os días do ano, e isto sen os gastos e limitacións dunha tenda clásica: persoal, local, horario, infraestrutura etc.

  • TARXETA: PASARELAS DE PAGO BANCARIAS
  • PAYPAL
  • GOOGLE CHECKOUT
  • CONTRA REEMBOLSO
  • TRANSFERENCIA BANCARIA

Leer más

Comparte!
19 Mar 2012

Promocionar a miña tenda en liña

Blog, Blog de Comercio Electrónico, Revista DobleClic 1 Comentario

O SEO (Search Engine Optimización) é o conxunto de técnicas que se utilizan para mellorar o noso posicionamento nos principais buscadores en cada un dos seus tipos de resultados e en cada un dos produtos, de xeito que os nosos clientes potenciais nos atopen con facilidade e poidamos realizar o maior número de vendas. Pois ben, neste traballo é fundamental medir os resultados para saber que política é a correcta.

Debemos comezar por unha optimización base como para calquera outra páxina web, xa que todo debe funcionar de maneira axeitada para gañar credibilidade, e faremos especial fincapé nos seguintes elementos:

  1. -Os títulos, descricións e palabras claves da páxina. Estes elementos seguen sendo fundamentais para posicionarnos dentro dos resultados relacionados cos termos buscados.
  2. -Que non existan enlaces rotos.
  3. -Incluír metaetiquetas
  4. -Usar etiquetas de títulos (H) para referenciar os conxuntos de texto máis importantes.
  5. -Coidar o peso das imaxes e da carga da web en xeral.
  6. -Non usar java nin flash.
  7. -Colocar as palabras claves axeitadas, xa que máis palabras non proporcionan un mellor resultado, estas han de ser as axeitadas.
  8. -Non esquecer crear un pé de páxina con información da empresa que garanta a nosa competitividade.
  9. -Así mesmo, resulta determinante o resto de contidos inseridos na web e as súas características. Por suposto, deben ser orixinais e non copiados, tanto de texto, coma de imaxes ou vídeo.

Woorank (www.woorank.com) proporciónanos unha análise gratuíta de todos estes factores e realiza suxestións para optimizar a nosa web.
Leer más

Comparte!
12 Mar 2012

Introducción ao Comercio Electrónico

Blog de Comercio Electrónico, Revista DobleClic Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

Todos os florecementos culturais e todas as civilizacións xurdiron a través do comercio, que serviu para importar novas ferramentas, novas especias e ampliar así o rango de posibilidades das vidas e das obras da sociedade, mellorar a técnica dos artesáns e gozar de novos sabores. O comercio existe dende que existe a sociedade e tivo diferentes formas e intensidades. Á nosa xeración tocoulle vivir unha ampliación na forma, o que supón unha maior facilidade e versatilidade, cun menor investimento e esforzo, pero segue sendo simplemente comercio: fabricar e vender ou comprar e vender.

Certamente, unha tenda en liña ten certas particularidades que non ten unha tenda física. Na maioría dos casos son vantaxes, pero tamén hai algunha desvantaxe, todo é en función do produto ou do servizo que queiramos vender. Debemos avaliar se o noso produto ou servizo (no cal somos especialistas) é susceptible de ser comerciado en liña e, se o é, de que xeito.
Leer más

Comparte!
05 Mar 2012

Evolución do Comercio Electrónico en Galicia

Blog de Comercio Electrónico 1 Comentario

COMERCIO ELECTRÓNICO EN GALICIA

Análise para El Correo Gallego

INTRO

Tódolos florecementos culturais e tódalas civilizacións surxiron a través do comercio, que serviu para importar novas ferramentas, novas especias e novas ideas; ampliando así o rango de posibilidades das vidas e obras dos grupos sociais. O comercio existe dende que existe a sociedade e tibo diferentes formas e intensidades. Á nosa xeración tocoulle vivir unha ampliación na forma, o comercio electrónico, o que supón unha maior facilidade e versatilidade con unha menor inversión e esforzo, pero segue sendo simplemente comercio: fabricar e vender ou mercar e vender.
Leer más

Comparte!
23 Xan 2012

DobleClic N2 Nota de Prensa

Revista DobleClic Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

DobleClic lanza a segunda edición da súa revista centrándose no Comercio Electrónico.

O estudo de Deseño e Ecommerce DobleClic realiza periodicamente unha publicación gratuíta que se distribúe por toda Galicia coa intención de difundir coñecementos e experiencias do seu traballo para que as pemes e os particulares con inquedanzas nas temáticas de creatividade e comercio electrónico teñan unha fonte de formación que lles axude a mellorar e ampliar os seus proxectos en Internet e consecuentemente se cre un maior mercado para as empresas do sector.

A revista está dirixida por Xosé Rivera promotor de DobleClic; tamén se pode descargar en formato PDF dende www.dobleclic.com . Esta edición ademais dos didácticos artigos de como crear, promover e gañar cartos con unha tenda en liña; a publicación complétase con artigos sobre publicidade creativa e entrevistas ao artista dixital David Díaz e ao fotógrafo costumista José Caruncho.

Comparte!
25 Nov 2011

O Libro Blanco do Comercio Electrónico

Blog de Comercio Electrónico Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

O Libro Branco sobre o Comercio Electrónico é un manual práctico para os que queren desenvolver a súa empresa en liña cunha clara orientación cara ás PEME a través dunha linguaxe sinxela e accesible eexplicacións detalladas.
Leer más

Comparte!