A grandeza dun bo diseño
Son distintos os tipos de deseño, -gráfico, de marcas, de producto, de interiores, de interfaz- pero todos teñen unha finalidade común que poderíamos resumir en crear experiencias sinxelas e gratificantes para os usuarios.
Debemos ter en conta que, actualmente, todo o mundo espera un deseño orixinal. As expectativas con respecto ó deseño son altas e masivas. O bo deseño dos productos indica que éstos son bos por dentro e por fora, e que a empresa pensou cómo simplificalos, é dicir, que fosen máis fáciles de usar, máis comprensibles, máis estéticos e máis duradeiros.
Os entendidos en márketing están ó tanto e entenden ben o poder do deseño. Apple, por exemplo, ten unha valoración actual de 570 millóns de dólares. As súas ganancias doblan ás de Microsoft, que é tamén unha organización de tecnoloxía. Agora ben, a primeira apostou entre outras cousas por un bo deseño, cousa que non fixo a segunda.
Compañías como Amazon, Facebook,… saben da importancia que ten o deseño para ofrecelos seus servizos e productos, de aí que sexan empresas que soen tódo-los días.
Un bo deseño fai a empresa máis competitiva.
Alexis Marcou
Xenial traballo deste mozo ilustrador grego.
Un ilustrador é un artista gráfico que se especializa na mellora da comunicación escrita por medio de representacións visuais que corresponden ao contido do texto asociado.
As ilustracións poden ser solicitadas para clarificar conceptos complicados ou obxectos que son difíciles de describir textualmente ou tamén poden ser requiridas como atractivo, como é o caso dos cartóns de felicitación, na arte das portadas de discos e libros, no interior de impresos ou como publicidade.
Os ilustradores contemporáneos gáñanse a vida creando material gráfico para o seu uso en libros de nenos, publicidade, xornais, revistas e a web. O estilografo, a tinta e o aerógrafo, foron substituídos en boa parte polos computadores, ferramenta que domina a industria hoxe en día, aínda que moitos ilustradores seguen usando ferramentas tradicionais a día de hoxe.
Leer más
Logotipos con algo escondido
Presentámosche unha selecta colección de logotipos con mensaxes escondidas, que fan unha chiscadela sutil á intelixencia e elegancia gráfica.
Busca a mensaxe e pensa en como facelo para o teu proxecto ;)
Logos Circulares
Colección de marcas cos mellores logotipos circulares, intenta identificalas!
Leer más
Os mellores blogs de deseño gráfico
Este é o top 50 dos blogs de deseño segundo o PageRank de Google:
Tres reglas para deseñar un bo logotipo
Definir de que están feitos os bos logotipos é unha tarefa difícil porque depende de moitos factores, con todo hai tres regulas que aínda que se poden violar? será baixo o seu propio risco.
Leer más

Síguenos!