21 Mai 2012

Vídeos da Conferencia de Ecommerce CONECOM 2012

Blog, Blog de Comercio Electrónico, Blog Posicionamento Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

Presentación da Conferencia de Ecommerce CONECOM 19 de Abril Pazo de Congresos de Santiago de Compostela con

Dona Reyes Leis, Concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados de Santiago de Compostela.

Don Fernando Barros, Secretario General en Funciones de la Cámara de Comercio de Santiago.

Don Jesús Ramón Sáenz-Díez Belín, xefe do servizo de Promoción Comercial e da Artesanía.

Don Xosé Rivera, Creador y promotor de CONECOM Leer más

Comparte!
24 Abr 2012

Industria subvenciona o comercio electrónico

Blog de Comercio Electrónico Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

O Ministerio Industria destina 1,6 millóns a potenciar o comercio electrónico nas empresas poñendo en marcha o programa ‘¿Vendes na Internet?’, especialmente destinado a pemes e autónomos.

Segundo o último informe B2C do ONTSI, o comercio electrónico en España experimentou un crecemiento do 17,4%, pero o Ministerio de Industria considera a cifra insuficiente para equipararnos ás cifras de negocio que se manexan no resto dos países da comunidade europea.

Para potenciar e incentivar este impulso no ECommerce, o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Víctor Calvo Sotelo, xunto co director xeral de Red.es, Borja Adsuara, presentaron hoxe o programa “¿Vendes en Internet?”.

É unha iniciativa do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, para consolidar o uso da Internet como canle de vendas entre pemes e autónomos que posue un presuposto de 1,6 millóns de euros.
Leer más

Comparte!
03 Abr 2012

CONECOM Conferencia de Ecommerce

Blog de Comercio Electrónico Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

CONECOM é a primeira confererencia sobre comercio electrónico en Galicia; ten por finalidade formar e dar as ferramentas de traballo ás pemes e ás novas iniciativas empresariais no comercio electrónico para así crear un sector competitivo e fortalecer o tecido empresarial galego coa axuda das institucións e o esforzo de todos.

www.conecom.es 

A artesanía, a agricultura, a industria e a cultura galega teñen un gran potencial de comercialización pero en moitos casos non atopamos as ferramentas nin a iniciativa como para saber comercializalo e fortalecelo,

Con esta proposta queremos romper esa barreira e instruír aos emprendedores en esta plataforma para así darlle vantaxa e ao mesmo tempo xerar mercado para as empresas de deseño, programación e comunicación galegas que darán estes servizos.

Inscríbete gratuitamente e coñece tódalas posibilidades para facer funcionar o teu negocio en Internet.
Leer más

Comparte!
19 Mar 2012

Promocionar a miña tenda en liña

Blog, Blog de Comercio Electrónico, Revista DobleClic 1 Comentario

O SEO (Search Engine Optimización) é o conxunto de técnicas que se utilizan para mellorar o noso posicionamento nos principais buscadores en cada un dos seus tipos de resultados e en cada un dos produtos, de xeito que os nosos clientes potenciais nos atopen con facilidade e poidamos realizar o maior número de vendas. Pois ben, neste traballo é fundamental medir os resultados para saber que política é a correcta.

Debemos comezar por unha optimización base como para calquera outra páxina web, xa que todo debe funcionar de maneira axeitada para gañar credibilidade, e faremos especial fincapé nos seguintes elementos:

  1. -Os títulos, descricións e palabras claves da páxina. Estes elementos seguen sendo fundamentais para posicionarnos dentro dos resultados relacionados cos termos buscados.
  2. -Que non existan enlaces rotos.
  3. -Incluír metaetiquetas
  4. -Usar etiquetas de títulos (H) para referenciar os conxuntos de texto máis importantes.
  5. -Coidar o peso das imaxes e da carga da web en xeral.
  6. -Non usar java nin flash.
  7. -Colocar as palabras claves axeitadas, xa que máis palabras non proporcionan un mellor resultado, estas han de ser as axeitadas.
  8. -Non esquecer crear un pé de páxina con información da empresa que garanta a nosa competitividade.
  9. -Así mesmo, resulta determinante o resto de contidos inseridos na web e as súas características. Por suposto, deben ser orixinais e non copiados, tanto de texto, coma de imaxes ou vídeo.

Woorank (www.woorank.com) proporciónanos unha análise gratuíta de todos estes factores e realiza suxestións para optimizar a nosa web.
Leer más

Comparte!
12 Mar 2012

Introducción ao Comercio Electrónico

Blog de Comercio Electrónico, Revista DobleClic Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

Todos os florecementos culturais e todas as civilizacións xurdiron a través do comercio, que serviu para importar novas ferramentas, novas especias e ampliar así o rango de posibilidades das vidas e das obras da sociedade, mellorar a técnica dos artesáns e gozar de novos sabores. O comercio existe dende que existe a sociedade e tivo diferentes formas e intensidades. Á nosa xeración tocoulle vivir unha ampliación na forma, o que supón unha maior facilidade e versatilidade, cun menor investimento e esforzo, pero segue sendo simplemente comercio: fabricar e vender ou comprar e vender.

Certamente, unha tenda en liña ten certas particularidades que non ten unha tenda física. Na maioría dos casos son vantaxes, pero tamén hai algunha desvantaxe, todo é en función do produto ou do servizo que queiramos vender. Debemos avaliar se o noso produto ou servizo (no cal somos especialistas) é susceptible de ser comerciado en liña e, se o é, de que xeito.
Leer más

Comparte!
05 Mar 2012

Evolución do Comercio Electrónico en Galicia

Blog de Comercio Electrónico 1 Comentario

COMERCIO ELECTRÓNICO EN GALICIA

Análise para El Correo Gallego

INTRO

Tódolos florecementos culturais e tódalas civilizacións surxiron a través do comercio, que serviu para importar novas ferramentas, novas especias e novas ideas; ampliando así o rango de posibilidades das vidas e obras dos grupos sociais. O comercio existe dende que existe a sociedade e tibo diferentes formas e intensidades. Á nosa xeración tocoulle vivir unha ampliación na forma, o comercio electrónico, o que supón unha maior facilidade e versatilidade con unha menor inversión e esforzo, pero segue sendo simplemente comercio: fabricar e vender ou mercar e vender.
Leer más

Comparte!