Artículos de "Blog"

19 Mar 2012

Promocionar a miña tenda en liña

Blog, Blog de Comercio Electrónico, Revista DobleClic 1 Comentario

O SEO (Search Engine Optimización) é o conxunto de técnicas que se utilizan para mellorar o noso posicionamento nos principais buscadores en cada un dos seus tipos de resultados e en cada un dos produtos, de xeito que os nosos clientes potenciais nos atopen con facilidade e poidamos realizar o maior número de vendas. Pois ben, neste traballo é fundamental medir os resultados para saber que política é a correcta.

Debemos comezar por unha optimización base como para calquera outra páxina web, xa que todo debe funcionar de maneira axeitada para gañar credibilidade, e faremos especial fincapé nos seguintes elementos:

  1. -Os títulos, descricións e palabras claves da páxina. Estes elementos seguen sendo fundamentais para posicionarnos dentro dos resultados relacionados cos termos buscados.
  2. -Que non existan enlaces rotos.
  3. -Incluír metaetiquetas
  4. -Usar etiquetas de títulos (H) para referenciar os conxuntos de texto máis importantes.
  5. -Coidar o peso das imaxes e da carga da web en xeral.
  6. -Non usar java nin flash.
  7. -Colocar as palabras claves axeitadas, xa que máis palabras non proporcionan un mellor resultado, estas han de ser as axeitadas.
  8. -Non esquecer crear un pé de páxina con información da empresa que garanta a nosa competitividade.
  9. -Así mesmo, resulta determinante o resto de contidos inseridos na web e as súas características. Por suposto, deben ser orixinais e non copiados, tanto de texto, coma de imaxes ou vídeo.

Woorank (www.woorank.com) proporciónanos unha análise gratuíta de todos estes factores e realiza suxestións para optimizar a nosa web.
Leer más

12 Mar 2012

Introducción ao Comercio Electrónico

Blog de Comercio Electrónico, Revista DobleClic Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

Todos os florecementos culturais e todas as civilizacións xurdiron a través do comercio, que serviu para importar novas ferramentas, novas especias e ampliar así o rango de posibilidades das vidas e das obras da sociedade, mellorar a técnica dos artesáns e gozar de novos sabores. O comercio existe dende que existe a sociedade e tivo diferentes formas e intensidades. Á nosa xeración tocoulle vivir unha ampliación na forma, o que supón unha maior facilidade e versatilidade, cun menor investimento e esforzo, pero segue sendo simplemente comercio: fabricar e vender ou comprar e vender.

Certamente, unha tenda en liña ten certas particularidades que non ten unha tenda física. Na maioría dos casos son vantaxes, pero tamén hai algunha desvantaxe, todo é en función do produto ou do servizo que queiramos vender. Debemos avaliar se o noso produto ou servizo (no cal somos especialistas) é susceptible de ser comerciado en liña e, se o é, de que xeito.
Leer más

05 Mar 2012

Evolución do Comercio Electrónico en Galicia

Blog de Comercio Electrónico 1 Comentario

COMERCIO ELECTRÓNICO EN GALICIA

Análise para El Correo Gallego

INTRO

Tódolos florecementos culturais e tódalas civilizacións surxiron a través do comercio, que serviu para importar novas ferramentas, novas especias e novas ideas; ampliando así o rango de posibilidades das vidas e obras dos grupos sociais. O comercio existe dende que existe a sociedade e tibo diferentes formas e intensidades. Á nosa xeración tocoulle vivir unha ampliación na forma, o comercio electrónico, o que supón unha maior facilidade e versatilidade con unha menor inversión e esforzo, pero segue sendo simplemente comercio: fabricar e vender ou mercar e vender.
Leer más

27 Feb 2012

Entrevista a José Caruncho

Entrevistas, Revista DobleClic 1 Comentario

José Caruncho (A Coruña, 1953)

No mundo moderno cheo de cámaras dixitais, de móbiles con ducias de megapíxeles e datos que zoan dun lado ao outro sen parar, atopámonos co sosegado, delicado e meticuloso traballo de José Caruncho, que nos envolve nunha atmosfera de calma propia doutro tempo, cunha elegancia misteriosa, pero nosa, para mostrarnos a beleza do que nos rodea.

Caruncho deixou xa hai máis dunha década o mundo da banca no que traballaba para dedicarse en plenitude á súa paixón, a fotografía, e crear un arquivo en formato analóxico de paisaxes, persoas, natureza e costumes galegos.

DobleClic: Por que en analóxico, por que con cámaras de placas?

Caruncho: A aprendizaxe da técnica fotográfica, como a de calquera outra arte, require uns cantos anos (entre sete e dez). Eses anos son moi importantes e vannos formando como fotógrafos ou músicos ou pintores.
Tiven a sorte de que ao principio caeron nas miñas mans un par de Rolleifles de 6×6 cm e, máis tarde, vendo exposicións e lendo libros sobre fotografía, atopei información que me levou á compra dunha cámara de gran formato. Este tipo de cámara non era moi usual empregala fóra do estudio, polo menos aquí, pero fíxenme tan rápido co seu manexo que pronto entendín que era o tipo de aparatos que mellor se adapta á miña filosofía de vida e ao meu xeito de facer fotografías.
DobleClic: Cre vostede que cada técnica expresiva retrata realidades distintas?
Leer más

24 Feb 2012

Ambient Media

Revista DobleClic Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

O Ambient Media é un fenómeno relativamente novo na publicidade e consiste na integración das campañas no espazo urbano para formar parte do ámbito do público obxectivo e sorprendelo inesperadamente.

O Ambient Media tende a ocupar un espazo entre a publicidade e o truco promocional e, en moitos casos, non supón orzamentos moi elevados. Nunha era na que o consumidor tende a ser cuateloso ante a publicidade agresiva á que se ve exposto, o uso de medios orixinais e imprevistos coma estes pode ser moi efectivo, precisamente porque permite que a mensaxe alcance o subconsciente do receptor. As mellores campañas de ambient media son as que sitúan o medio no centro da comunicación, algo pouco convencional, pero relevante, para a mensaxe publicitaria.

O Ambient Media proporciónalles aos anunciantes unha alternativa das formas máis tradicionais (e, por costume, máis caras) de anunciarse, as cales son a miudo ignoradas polos consumidores. O potencial do Ambient Media como parte dunha campaña de multimedia foi recoñecido por moitas das marcas líderes en todo o mundo e estudos recentes indican que é o medio publicitario que experimentou o maior crecemento nos últimos tempos.
Leer más

22 Feb 2012

Entrevista a David Díaz

Revista DobleClic 1 Comentario

David Diaz
www.david-diaz.es

David Díaz (Madrid 1974), ao contrario que a maioría dos fotógrafos que empezan na fotografía para pasar despois, ben por devoción ou ben por obriga, ao retoque fotográfico, empezou retocando e restaurando fotografías. E foi despois de ter a técnica e a experiencia suficientes como para afrontar calquera reto cando decidiu retocar as súas propias imaxes mergullándose no mundo da fotografía. Quizais sexa esa a razón pola que as súas fotografías contan cun aire e cun estilo propio, onde o retoque está presente na imaxe, pero sempre dunha maneira moi realista. É perfeccionista e meticuloso ao máximo sempre que se pon detrás da súa táboa dixital.

DobleClic: Como aprendiches a crear e a retocar imaxes? O traballo con ordenadores é mecánico ou ten compoñentes de talento e inspiración?

David Díaz: Aprendín estudando retoque fotográfico por ordenador e pasando horas e horas detrás da pantalla retocando e perfeccionando a técnica para conseguir que os meus retoques pasen o máis desapercibidos posible, o que podería chamarse retoque fotorrealista, onde o retoque é evidente, pero sempre tentando que quede o máis real que sexa posible. Para isto, axudoume moito o meu traballo como restaurador de fotografías antigas, onde cada imaxe é un reto, e onde tes que abordar diferentes técnicas para obter sempre o mesmo fin, que a imaxe pareza tan real coma o día que se tomou. Esta é a razón pola cal cheguei a ser tan detallista nas miñas fotografías.
Leer más