Archivos de "Entrevistas"

27 Mai 2011

Entrevista a Fran Herbello

Entrevistas, Revista DobleClic Sin Comentarios

Fran Herbello ( 1977, Menziken, Suiza) é un dos artistas galegos máis recoñecidos, escultor e fotógrafo pero ante todo creador. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo no ano 2000 e dende aquela comezou unha carreira creativa que o levou a crear varias coleccións xogando con elementos cotiáns para acabar alterando a realidade con manipulacións que se achegan as performance.

Leer más

25 Mai 2011

Entrevista a Josef Hoflehner

Entrevistas, Revista DobleClic Sin Comentarios

Josef Hoflehner naceu en 1955 en Wels, Austria, cando o país aínda permanecía baixo a ocupación aliada. Creceu no seo de unha familia que utilizaba a cámara fotográfica en raras ocasións, ata o punto que no mesmo carrete fotográfico había fotos de tres Nadais.
Leer más

15 Mar 2010

Entrevista a Ografico Deseño

Entrevistas 1 Comentario
Ografico Deseño é un estudo de deseño gráfico dirixido por Javier Pérez afincado en Santiago de Compostela pioneiro en Galicia e creador de tendencias realizou numerosos traballos para a Xunta de Galicia, outras moitas institucións e no sector privado.
DobleClic -  ¿Como foron  os teus comezos no deseño a primeiros dos 90?
Ografico – Comecei traballando nunha fotomecánica, onde ademais da elaboración de fotolitos e traballos de escáner realizábase o proceso completo para a creación de calquer publicación fose un libro ou unha revista.  Ahí aprendín moito sobre tódalas partes do proceso de produción.
DobleClic – ¿Que tecnoloxía se usaba no deseño gráfico por ordenador?
Ografico – Sempre tiven a sorte de traballar con equipos Apple e coas primeiras versións de programas como Freehand, QuarkXpress ou Photoshop.
DobleClic – ¿Como ve o cambio e a evolución de esa tecnoloxía na actualidade?
Ografico – En canto ao proceso previo, o software utilizado para crear os traballos de deseño evolucionou e profesionalizouse; e con respecto ao proceso de impresión: a aparición do directo de prancha e a utilización na  imprenta das tramas estocásticas supuxo un cambio moi grande nos procesos de traballo, reducíronse os tempos e os custos de produción ademais de mellorar a calidade do traballo considerablemente.
DobleClic – ¿Cal é a maneira axeitada para cordinarse co cliente, saber lelo e crear o produto axeitado as suas necesidades e propósitos?
Ografico – Hai que involucrarse plenamente co proyecto, preguntarlle moitas cousas ao noso cliente para coñecer ao máximo a súa empresa e produto e establecer uns obxetivos claros do que se quere conseguir. Como é esa empresa e como a ven e como quere ser e como quere que a vexan. Moitas veces é cuestión de química, se funciona todos saimos gañando.
DobleClic – ¿Que proxectos ten Ografico na actualidade?
Ografico – Como proxecto máis destacable actualmente temos o desenvolvemento da Identidade corporativa para a «Universidad de la Rioja».
DobleClic – ¿E para o futuro ?
Ografico – O día a día absórbete e creas e traballas o que outros che encargan, queremos tamén explorar a posibilidade de levar a cabo proxectos personais de edición.
DobleClic – ¿Afectou a crise ao sector publicitario ?
Ografico – Aféctalle como a calquer outro sector produtivo, coñezo compañeiros que reduciron o seu plantel e outros casos incluso máis drásticos. Cúmprese o tópico de que moitas empresas se teñen que reducir gastos fano na publicidade e promoción.
DobleClic – ¿Porque debe invertir unha empresa en publicidade nun momento de descenso do consumo ?
Ografico – A inversión en publicidade nas Pemes, que son a maioría das empresas de este país, debe resultar eficaz. Temos que convencer a estas empresas de que non se trata de un gasto inútil, e que hoxe en día nunha situación de mercados globais o empresario compite con produtos que veñen de países con custos de produción inferiores e iso obrígalle a incidir sobre os aspectos que aportan maior valor engadido aos  seus produtos para facelos máis competitivos.
DobleClic – ¿Hai calidade nos estudos e profesionais publicitarios galegos?
Ografico – Moitísima, hai profesionais estupendos que fan moi bos traballos. Quizais o que nos falte é un pouco de promoción interna das nosas creacións.
DobleClic – Para despedirnos: ¿cal é o mellor traballo que lembras?
Ografico – Teño un grato recordo de una identidade que creamos para unha adega de Valdeorras;  Casal Novo. Fai xa 10 anos aproximadamente, confiaron no noso criterio dende o principio e para todo, o cal resultou moi estimulante.
04 Mar 2010

Entrevista a Iago Pico do estudo Pousada Son

Entrevistas Sin Comentarios

Iago Pico é o fundador e produtor musical de Pousada Son, estudos de gravación situados en Pousada (Ames) Galicia. A pesar da súa xuventude xa realizou máis de 200 concertos como mesturador, realizado infinidade de gravacións de todo tipo dende maquetas a discos, e poderíase dicir que traballou en practicamente tódolos campos do audio. A continuación contaranos como é a situación do mundo musical na actualidade e moitas máis cousas.

Dobleclic – ¿ De onde ven a paixón polo son e que te impulsa a construír un dos mellores estudos de audio de Galicia ?

Iago Pico – Dende pequeno, sempre me chamou a atención tanto a música como todo o tema dos aparellos que tiña meu pai pola casa, abríaos e “xogaba’’ con eles. Digamos que creo que nacín para isto, custaríame bastante desenvolver outra profesión que non estivera relacionada con este mundo.
A idea de construír un estudo comercial, xa roldaba pola miña cabeza dende o primeiro ano que empecei a estudar son, e con esforzo, constancia, dedicación e uns pais que confiaron sempre en todo momento en min, conseguín levantar o que é hoxe Pousada Son Studios.

DobleClic – ¿ Es fácil compatibilizar a paixón coa profesión? ¿ Existe algún problema ?

Iago Pico – A veces faise moi difícil, xa sexa porque as horas que invirto son infinitas aínda que para nada o parezan. O tempo pasa moi rápido cando che gusta o que fas. A veces poste a retocar algún traballo que estimas que levará un par de horas, pero sempre acabas mirando o reloxo e botando as mans a cabeza, jaja…

DobleClic – ¿Que servizos ofrecedes?

Iago Pico – Practicamente abarcamos una gran variedade de servizos dentro do “audio”. Traballamos con grupos nas súas xiras de directo, ofrecémoslle o paquete íntegro da gravación dun disco e/ou maqueta, a edición do formato físico (cd/dvd), postprodución de son para audiovisual (curtametraxes, cine, docs…) cuñas publicitarias para radio, en fin, practicamente de todo un pouco, pero sobre todo a produción de discos.

DobleClic – ¿Como é unha sesión de gravación en Pousada ?

Iago Pico – Segundo a experiencia de moitos clientes que pasaron polas nosas instalacións, cabe destacar a confortabilidade e a comodidade que se atopan ao entrar no estudo, onde o trato que reciben sempre é agradábel e respírase un ambiente moi san, ideal para que o traballo que se realice cumpra as expectativas depositadas nel. Creo que se agradece un clima así cando estás en xornadas de gravación de 8-10 horas durante varios días.

DobleClic – ¿Que equipos e que vantaxas tendes en Pousada Son ?

Iago Pico – Contamos con unhas instalacións envidiables, situadas moi preto de Santiago de Compostela, garantindo a desconexión necesaria do ruído inherente propio de unha cidade, poñendo a disposición do cliente unha superficie de 2.400 m2 con multitude de espazos verdes axardinados, piscina cuberta climatizada, cancha de baloncesto e fútbol…
E no estudo contamos con material de 1ª gama a nivel internacional cos mellores equipos do mercado. Cabe destacar a última adquisición de Pousada Son Studios. Un equipo HI-FI de monitoraxe, composto por Lipinski’s 707 amplificados con etapas Bel Canto y sub-grave Jl- Audio Fathom 112. Un dos mellores sistemas de “altofalantes’’ do mundo avalados por autoridades como Bob Katz, Glenn Meadows…

DobleClic – ¿Hai carencias nos estudos locais? ¿ Porque os grandes grupos gravan noutros paises?

Iago Pico – Hai grandes estudos en Galicia altamente calificados cun potencial enorme. Sinceramente creo que seguimos coa “cultura’’ de pensar que o de fora sempre é mellor, e o que poido contar pola miña experiencia e que non é así, dende logo que hai grandes profesionais fora de Galicia- España, pero aquí os hai moi moi bos tamén, o que pasa é que se eres un grupo galego e masterizaches en USA, comercialmente pareces “mellor’’, pero sonicamente é moi discutible.

DobleClic – ¿Cal é o futuro musical de Galicia?

Iago Pico – Cada vez saen máis grupos e a formación musical tamén avanza, xa sexa porque hoxe en día grazas a internet se teñen máis medios para ver/aprender de moita xente. Encantaríame que se invirtise máis no futuro musical da xente da terra, dende a xunta, concellos, etc…
Están saíndo cousas, pero creo que se podería facer moito máis e máis eficiente para que os grupos/artistas de Galicia se viran realmente beneficiados.

DobleClic – ¿E o de Internet?; ¿O soporte web acabará coas discográficas ou estas seguirán tendo poder dentro da rede e competirán con iTunes e os outros servidores de música?

Iago Pico – Está claro que o soporte físico en este caso o CD, xa está morto a nivel comercial, ten os días contados ,e co tempo será consumido por e para melómanos e/ou coleccionistas, o vinilo subirá as súas ventas como xa o está a facer actualmente debido a esa “morriña’’ do analóxico e por outros factores que serían moi longos para comentar.
As discográficas téñense que amoldar ao novo negocio, e terán que aplicar un modelo chamado 360º, no que intentarán non só dedicarse a distribución dun soporte físico, senón a representación de un artista a nivel publicitario, xiras de directo, gravación, distribución, etc…

Creo que o futuro da música por internet, acabará sendo libre para todo o público a cambio de uns acordos entre discográficas, servidores web, e entidades que xestionan os dereitos do autor.

DobleClic – ¿Cambiará isto o formato de presentación dos grupos musicais, seguirán existindo os álbumes compostos dun grupo de cancións ou tenderase a individualizar cada peza?

Iago Pico – Como moi ben dis, o formato disco, perderá sentido no caso de obras que non teñan un común denominador, é dicir, discos de temática variada entre os seus temas sen necesidade de estar ligados entre sí. Seguiranse facendo discos temáticos pero distribuiranse preferentemente os “singles’’. Xa que se un tema costa un euro, e un disco enteiro costa sete euros, facendo contas, é convinte poñerse a vender singles.

DobleClic – Para acabar: ¿Pensaches en sorprendernos con algunha nova proposta sonora?

Iago Pico – En uns meses haberá novidades, con uns proxectos que non van a quedar na indiferenza de ninguén, xa que vamos a realizar un traballo con artistas de outros continentes, cuxo contido será difundido pola rede, ademais de poder con un soporte físico para aquel que o queira ter nas súas mans. Non digo máis, só hai que esperar un pouco e pronto poderedes gozar deste novo proxecto nunca feito en Galicia anteriormente.

Moitas grazas polo voso tempo, foi un pracer responder as vosas preguntas.