Artículos de "Blog Posicionamento"

11 Mar 2010

Empresas e Redes Sociais

Blog Deseño Web, Blog Posicionamento, Blog Publicidade 1 Comentario

Se eres un entusiasta da tecnoloxía e as redes sociais, saberás que no 2010 as tres ferramentas máis novidosas das redes sociais van a ser: Foursquare, que permite rexistrarte cos teus amigos cando chegas a unha determinada localización. Blippy, que serve para rastrexar as túas compras e compartilas nas túas redes sociais. E Layar que é un navigador de realidade aumentada (AR) para smartphone, PDA, etc. E como na súa aplicación empresarial para o uso das redes sociais.

Nembargantes, as pemes que no 2010 teñan por obxectivo iniciarse no e-marketing estratéxico, marketing viral, deben contemplar outras ferramentas para a construción da súa infraestrutura social básica de negocio e deixar para máis adiante esas outras ferramentas que marcarán a tendencia neste ano.

Existen cinco ferramentas indispensables de uso obrigatorio para as empresas que se inician no interesante mundo das redes sociais:

* Namechk. Hai unha evidencia incuestionable e é que as redes sociais están desprazando ao correo electrónico como medio de comunicación. De acordo con isto, a túa empresa interésalle ter presenza nas redes sociais, para iso o primeiro é coñecer en que redes o nome da túa empresa está dispoñible. A ferramenta que hai que utilizar é Namechk, con un so clic vaiche permitir coñecer en que redes está dispoñible o teu nome ou marca.

* Twitter. O blog dos SMS, que permite aos usuarios compartir opinións en comentarios de 140 caracteres. Cando te des de alta debes de asegurarte de personalizar o teu Twitter co logo da túa empresa como fondo de pantalla. Comprometerte a “twitear” ao menos dúas veces ao día é un compromiso ineludible. Subscribir ou seguir aos teus clientes actuais e algún dos potenciais.

* Bit.ly En agosto do 2009 un informe de Emarketer.com indicaba que só o 16% das empresas con presencia nas redes sociais medían o ROI dos programas de medios sociais. Para arranxalo é indispensable o uso das ferramentas como bit.ly que permiten rastrexar os enlaces de tráfico con tres criterios data e hora nos que se establecen as conexións e a localización xeográfica.

* WordPress. O primeiro blog online apareceu a finais dos 90, convertendo o blogging en unha das ferramentas sociais máis antigas. O blog supón unha ferramenta na estratexia de marketing dixital. WordPress é unha plataforma de xestión de contidos que permite a publicación facilmente de aquelas entradas que representen novidades, novas ou eventos da túa organización ou mostrar a túa opinión sobre feitos relevantes.

* Facebook. A rede social por excelencia, con 350 millóns de usuarios. A operativa consiste en dar de alta o teu perfil de empresa para que sexa público ao mundo. o mantemento de Facebook é mínimo, ao non ter que buscar xente xa que isto acontece automaticamente e só debes invitalos para que ingresen na túa rede.

Unha vez comeces a utilizar estas ferramentas debes asignar a alguén para que xestione a comunidade, no caso do autónomo, obviamente deberá ser el mesmo. O obxectivo é asignar a alguén que controle a túa voz na rede. Cando se inicie a actividade é crucial seguir e tomar parte nas conversacións iniciadas. Para finalizar hai que monitorizar os éxitos na rede e ir tomando pequenos pasos para ir incrementando a túa presencia en nos medios sociais.

Fonte: www.pymesyautonomos.com

09 Mar 2010

Informe de posicionamento en Google

Blog Posicionamento Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

O buscador Google publica no seu blog para deseñadores web un informe sobre os diferentes aspectos e atributos que valora para o posicionamento web, moi importante a ter en conta na planificación predeseño da páxina web.

22 Feb 2010

Ferramentas gratuitas para analizar unha páxina web

Blog Posicionamento Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

Comprobar o tempo de carga de unha páxina web ( usabilidade do sitio ): Free Website Checker

Medidor de PageRank de Google, Alexa Rank, Technorati, marcadores sociais, suscriptores etc: Popuri

Ferramenta que mostra os spiders que ven os metatags do noso sitio e danos toda a información sobre eles e os datos que recuperaron: Meta Tag Analyzer

Ferramenta para comprobar as etiquetas de cabeceira de calquer sitio web ( útil para analizar a competencia ) : Header Checker Tool

Mostra un listado coa densidade de alguhas palabras no texto, moi útil para medir o peso de cada concepto na nosa web e a repercusión do mesmo nas búsquedas: Keyword Density Analysis

20 Feb 2010

Cómo situar o noso negocio en Google Maps e Earth

Blog Deseño Web, Blog Posicionamento 2 Comentarios

Canta máis presencia en liña teña a nosa empresa máis fácil será coñecela, encontrala e posicionala nos buscadores co que podemos brindar un mellor servizo e atraer a máis clientela.

Un dos principais servizos de información é Google Maps e Earth para atopar o noso negocio e rexistralo é moi sinxelo a través de Local Business Center, a ferramenta de Google para engadir datos á nosa conta de empresa.

De este xeito ao teclear o nome do noso negocio en Google Maps ou Earth a ferramenta situaranos no punto exacto e ofreceranos toda a información que insertemos: datos de contacto, imaxes e diranos o mellor camiño dende onde estamos situados. Ademais Google diranos o número de búsquedas que tibemos e o número de clics no banner do noso negocio.
Situar mi negocio en Google
Posicionar mi negocio en google maps
situar mi empresa en google earth

08 Feb 2010

Formativo e profesional blog de posicionamento

Blog Posicionamento Danos tu opinión por favor! 0 Comentarios

Matt Cutt cóntanos no seu blog tódolos secretos do posicionamento web en buscadores
www.mattcutts.com/blog