15
Mar
2010
Entrevista a Ografico Deseño
Ografico Deseño é un estudo de deseño gráfico dirixido por Javier Pérez afincado en Santiago de Compostela pioneiro en Galicia e creador de tendencias realizou numerosos traballos para a Xunta de Galicia, outras moitas institucións e no sector privado.
DobleClic - ¿Como foron os teus comezos no deseño a primeiros dos 90?
Ografico – Comecei traballando nunha fotomecánica, onde ademais da elaboración de fotolitos e traballos de escáner realizábase o proceso completo para a creación de calquer publicación fose un libro ou unha revista. Ahí aprendín moito sobre tódalas partes do proceso de produción.
DobleClic – ¿Que tecnoloxía se usaba no deseño gráfico por ordenador?
Ografico – Sempre tiven a sorte de traballar con equipos Apple e coas primeiras versións de programas como Freehand, QuarkXpress ou Photoshop.
DobleClic – ¿Como ve o cambio e a evolución de esa tecnoloxía na actualidade?
Ografico – En canto ao proceso previo, o software utilizado para crear os traballos de deseño evolucionou e profesionalizouse; e con respecto ao proceso de impresión: a aparición do directo de prancha e a utilización na imprenta das tramas estocásticas supuxo un cambio moi grande nos procesos de traballo, reducíronse os tempos e os custos de produción ademais de mellorar a calidade do traballo considerablemente.
DobleClic – ¿Cal é a maneira axeitada para cordinarse co cliente, saber lelo e crear o produto axeitado as suas necesidades e propósitos?
Ografico – Hai que involucrarse plenamente co proyecto, preguntarlle moitas cousas ao noso cliente para coñecer ao máximo a súa empresa e produto e establecer uns obxetivos claros do que se quere conseguir. Como é esa empresa e como a ven e como quere ser e como quere que a vexan. Moitas veces é cuestión de química, se funciona todos saimos gañando.
DobleClic – ¿Que proxectos ten Ografico na actualidade?
Ografico – Como proxecto máis destacable actualmente temos o desenvolvemento da Identidade corporativa para a «Universidad de la Rioja».
DobleClic – ¿E para o futuro ?
Ografico – O día a día absórbete e creas e traballas o que outros che encargan, queremos tamén explorar a posibilidade de levar a cabo proxectos personais de edición.
DobleClic – ¿Afectou a crise ao sector publicitario ?
Ografico – Aféctalle como a calquer outro sector produtivo, coñezo compañeiros que reduciron o seu plantel e outros casos incluso máis drásticos. Cúmprese o tópico de que moitas empresas se teñen que reducir gastos fano na publicidade e promoción.
DobleClic – ¿Porque debe invertir unha empresa en publicidade nun momento de descenso do consumo ?
Ografico – A inversión en publicidade nas Pemes, que son a maioría das empresas de este país, debe resultar eficaz. Temos que convencer a estas empresas de que non se trata de un gasto inútil, e que hoxe en día nunha situación de mercados globais o empresario compite con produtos que veñen de países con custos de produción inferiores e iso obrígalle a incidir sobre os aspectos que aportan maior valor engadido aos seus produtos para facelos máis competitivos.
DobleClic – ¿Hai calidade nos estudos e profesionais publicitarios galegos?
Ografico – Moitísima, hai profesionais estupendos que fan moi bos traballos. Quizais o que nos falte é un pouco de promoción interna das nosas creacións.
DobleClic – Para despedirnos: ¿cal é o mellor traballo que lembras?
Ografico – Teño un grato recordo de una identidade que creamos para unha adega de Valdeorras; Casal Novo. Fai xa 10 anos aproximadamente, confiaron no noso criterio dende o principio e para todo, o cal resultou moi estimulante.
Comparte!






Ole y ole. Me alegro por tí, Javier. ¿Recuerdas cuando terminamos en Oviedo y teníamos por objetivo montar algo en Santander? Eran nuestros primeros sueños, nuestras primeras andanzas. Algo habremos hecho bien que al menos nos ganamos la vida con lo que nos gusta.
Un abrazo.