Empresas e Redes Sociais
Se eres un entusiasta da tecnoloxía e as redes sociais, saberás que no 2010 as tres ferramentas máis novidosas das redes sociais van a ser: Foursquare, que permite rexistrarte cos teus amigos cando chegas a unha determinada localización. Blippy, que serve para rastrexar as túas compras e compartilas nas túas redes sociais. E Layar que é un navigador de realidade aumentada (AR) para smartphone, PDA, etc. E como na súa aplicación empresarial para o uso das redes sociais.
Nembargantes, as pemes que no 2010 teñan por obxectivo iniciarse no e-marketing estratéxico, marketing viral, deben contemplar outras ferramentas para a construción da súa infraestrutura social básica de negocio e deixar para máis adiante esas outras ferramentas que marcarán a tendencia neste ano.
Existen cinco ferramentas indispensables de uso obrigatorio para as empresas que se inician no interesante mundo das redes sociais:
* Namechk. Hai unha evidencia incuestionable e é que as redes sociais están desprazando ao correo electrónico como medio de comunicación. De acordo con isto, a túa empresa interésalle ter presenza nas redes sociais, para iso o primeiro é coñecer en que redes o nome da túa empresa está dispoñible. A ferramenta que hai que utilizar é Namechk, con un so clic vaiche permitir coñecer en que redes está dispoñible o teu nome ou marca.
* Twitter. O blog dos SMS, que permite aos usuarios compartir opinións en comentarios de 140 caracteres. Cando te des de alta debes de asegurarte de personalizar o teu Twitter co logo da túa empresa como fondo de pantalla. Comprometerte a “twitear” ao menos dúas veces ao día é un compromiso ineludible. Subscribir ou seguir aos teus clientes actuais e algún dos potenciais.
* Bit.ly En agosto do 2009 un informe de Emarketer.com indicaba que só o 16% das empresas con presencia nas redes sociais medían o ROI dos programas de medios sociais. Para arranxalo é indispensable o uso das ferramentas como bit.ly que permiten rastrexar os enlaces de tráfico con tres criterios data e hora nos que se establecen as conexións e a localización xeográfica.
* WordPress. O primeiro blog online apareceu a finais dos 90, convertendo o blogging en unha das ferramentas sociais máis antigas. O blog supón unha ferramenta na estratexia de marketing dixital. WordPress é unha plataforma de xestión de contidos que permite a publicación facilmente de aquelas entradas que representen novidades, novas ou eventos da túa organización ou mostrar a túa opinión sobre feitos relevantes.
* Facebook. A rede social por excelencia, con 350 millóns de usuarios. A operativa consiste en dar de alta o teu perfil de empresa para que sexa público ao mundo. o mantemento de Facebook é mínimo, ao non ter que buscar xente xa que isto acontece automaticamente e só debes invitalos para que ingresen na túa rede.
Unha vez comeces a utilizar estas ferramentas debes asignar a alguén para que xestione a comunidade, no caso do autónomo, obviamente deberá ser el mesmo. O obxectivo é asignar a alguén que controle a túa voz na rede. Cando se inicie a actividade é crucial seguir e tomar parte nas conversacións iniciadas. Para finalizar hai que monitorizar os éxitos na rede e ir tomando pequenos pasos para ir incrementando a túa presencia en nos medios sociais.
Fonte: www.pymesyautonomos.com






Moi interesante. Felicitar ao responsable de recadar artigos deste tipo e animarvos a continuar na vosa liña.
Parabéns!