Crea unha tenda en Internet
Ter un sitio web para o teu negocio é algo case imprescindible hoxe en día pero se queres levalo ao seguinte nivel e admitir pagos a través de internet é vital atopar un servizo que sexa fiable e no que poidas confiar. Pode ser clave para diferenciarte do resto dos teus competidores: dar o salto antes que eles.
Pode que eBay ou Etsy poidan ser alternativas axeitadas para dar os primeiros pasos pero se estás disposto a independizarte e facer as cosas de unha maneira máis axustada ao que queres ofrecer, pode que sexa hora de incluír o teu propio sistema de pagos na túa web.
As opcións para instalar unha tenda virtual no teu servidor son moi variadas. Hai moitos tipos de plataformas de e-commerce: gratuítas, de pago, de código aberto e realizadas en diferentes linguaxes de programación. Algunhas das opcións de pago máis coñecidas son Volusion, Shopify o Magento mentres que nas gratuítas están Pretashop, OpenCart ou Digistore, ainda que hai moitas máis.
Por moi complexo que pareza a súa instalación, son moi fáciles de configurar e a maioría funcionan da mesma maneira: redirixen ao cliente dende o seu carro da compra na túa páxina web ata un sistema de pago seguro na súa páxina, ainda que tamén soen ofrecer inserir un acceso ou botón na túa páxina. Unha encriptación segura da túa tenda pode resultar un problema se non tes ningunha experiencia no tema polo que ao mellor interésache contratar a un programador web para que cho solucione, aínda que a maioría de plataformas ofrecen un servizo de atención ao cliente amplo e axuda na instalación.
Basicamente, quererás que o teu servizo sexa de confianza, versátil (que acepte cantas máis formas de pago mellor) e sobre todo, seguro. A maioría de procedementos esixen introducir un contrasinal que permite realizar a transacción de forma segura e autentifica ao titular da tarxeta de crédito.
Outro aspecto a ter en conta é o legal. Ter una tenda online supón que tes que cumprir as mesmas leis que nunha tenda física, pero ademais hai dous que debes ter moi presentes: A Lei de Servizos da Sociedade da Información (LSSI) e a Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD). Por iso, as condicións de compra na tenda online deben informar dunha maneira clara e sinxela aos consumidores sobre o proceso que se leva a cabo e os seus dereitos.
Poden parecer moitos os pasos a seguir pero a recompensa pode ser moi grande, xa que os teus clientes potenciais aumentarán dende o momento no que abras a túa tenda online.
Fonte: www.pymesyautonomos.com






O como solución más precaria y simple: un botón de PayPal o un Link directo al enlace de este botón que hemos creado y configurado para el producto o servicio.
Otras opciones son el Google Checkout Store (unos widgets de google para crear una tienda rápidamente, https://storegadgetwizard.appspot.com/storegadgetwizard/index.html), VirtueMart (basado en Joomla, virtuemart.net), ShopperPress (plugin para wordpress, http://www.shopperpress.com/).
Es importante también tener en cuenta que a nivel de LOPD los datos es recomendable que residan en servidores ubicados en la UE, o sino habrá que informar a los clientes de ello.