Dous anos sen o xenio de Virxilio Viéitez
Virxilio Viéitez Bértolo (Forcarei 1930 – 2008).
Naceu en Soutelo de Montes no municipio pontevedrés de Forcarei en 1930. Comezou a traballar na construción con dezaseis anos e emigrou a Cataluña para exercer ese traballo. En Palamós coñeceu a Julio Pallí que lle ensinou o oficio da fotografía.
Comezou a traballar de fotógrafo na Costa Brava facendo retratos aos turistas e en 1955 regresou a Galicia e pouco despois abriu un estudo fotográfico no seu pobo natal, dese xeito tivo ocasión de retratar a moitas xeracións de veciños da Terra de Montes de forma case anónima.
As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en actos sociais como comunións, velorios ou bautizos, pero tamén en actividades cotiáns; Con relación a súa técnica a maioría das súas fotos son en branco e negro inda que nos anos setenta realizou algunha en cor.
Abandonou a actividade fotográfica nos años oitenta, pero nos noventa a súa obra foi revalorizada protagonizando a representación da fotografía galega na VIII edición de la Fotobienal de Vigo en 1998 e despois no Museo de Arte Contemporánea MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na exposición «150 años de fotografía en España» seleccionada por Publio López Mondéjar que estivo en A Coruña e Ourense, na mostra Al gust de Cartier-Bresson en Barcelona, en Ámsterdam e en Nova York.
Faleceu na mesma vila na que naceu el 15 de Xullo do 2008.
Nesta fotografía Virxilio retrata a unha veciña humilde, cercán e orgullosa co seu aparato de radio mercado cos cartos que o seu marido enviou dende América para así demostrarlle dunha maneira tenra, profunda e pura o froito do seu esforzo.



























Muy lindas fotos , me interesan mucho mas viejas,con viejitas hilando y los oficios canasteros ,las vendedoras de pescado con los canastos el la cabeza que son las cosas que mas recuerdo,los que hacian zuecos que era el oficio de mi abuelo. Gracias y un saludo para ti..Gloria Bangueses .
fotos de un genio gallego.- gracias