29 Xul 2010

Marketing Dixital VS Marketing Tradicional

Blog Posicionamento, Blog Publicidade 1 Comentario

Durante os últimos anos e sobre todo tras a eclosión das redes sociais e os social media, son moitos os que consideran que os consumidores están “a apagar” a mercadotecnia tradicional.

Moitas son as empresas que durante os últimos doce meses realizaron grandes investimentos en mercadotecnia dixital, de feito o investimento publicitario en mercadotecnia en buscadores durante este período mostrou un incremento do 10%. Un crecemento que tamén se experimentou noutros sectores da mercadotecnia dixital como a mercadotecnia móbil ou a publicidade en medios e redes sociais.
Os expertos e analistas consideran que cada día son máis as empresas que destinan e aumentan os seus recursos e investimentos cara ao mercado da mercadotecnia dixital en detrimento das canles de mercadotecnia tradicionais.
Karin von Abrams, analista de eMarketer, destacaba neste sentido que “a web actual e o medio internet, adquiriron un papel protagonista dentro das estratexias de comercialización da gran maioría de marcas”.
Non obstante, en lugar de excluír as accións tradicionais de mercadotecnia nos procesos de promoción e comercialización, as empresas deberían utilizar tanto os medios dixitais e convencionais coma parte dun “mix” de estratexias.

Neste sentido, Kevin Dendy da DMA, suxire que a mercadotecnia dixital é máis eficaz cando se utiliza xunto aos métodos e estratexias de comercialización convencionais xa que ao seu propio criterio “ningunha canle é mellor que os outros”.
Outros expertos da industria consideran non obstante que os consumidores actuais non se manteñen á marxe do impacto e alcance das estratexias da mercadotecnia tradicional, pero que son sen dúbida cada vez mais inmunes á accións que simplemente se limitan a mostrar unha mensaxe destinada ao consumidor como tampouco o son aquelas que soamente se desenvolven a través dos novos medios de comunicación sociais.
Neste sentido, as empresas deben de saber elixir a que tipo de plataformas e estratexias recorrer para conquistar o tipo de consumidores que están a buscar, posto que algunhas serás de interese para certas persoas máis que para outras.
É algo co que coincide Rachel Aldighieri, xerente de relacións públicas na DMA quen considera que “unha estratexia de mercadotecnia que definiu claramente a súa audiencia obxectivo e utiliza a canle máis axeitada ou a combinacións de diferentes canles para chegar aos consumidores cunha mensaxe personalizada co que captar a súa atención” resultará moito máis efectivo e atractivo ante os propios usuarios e consumidores.

Fonte: www.puromarketing.com

Un comentario para “ Marketing Dixital VS Marketing Tradicional”

  1. email marketing says:

    Hola , queria felicitarte, pues tu pagina es excelente , me encantan los contenidos ,si queres , entra en mi sitio , y dejame un comentario , y si te interesa , hacemos intrcambio de links , banners , cualquier cosa avisame , te dejo mi email tvinternet08@gmail.com , te mando un abrazo .

Deja un comentario