As mellores ferramentas para o teu blog WP
Aínda que estamos no tempo das redes sociais, onde Twitter e Facebook dominan os perfís dos usuarios de Internet, moita xente mantén tamén o seu blog. Unha gran parte faino con WordPress, unha plataforma de blogging moi potente e ampliable con plugins, e que recentemente lanzou a súa versión 3.0.
Dos plugins é do que imos tratar neste post, no que vos traemos os plugins máis interesantes, para que os probedes e instaledes no voso blog. Iso si, tede en conta que para instalalos necesitaredes ter WordPress nun servidor propio. É dicir, que se o voso blog é loquesea.wordpress.com, non podedes instalar os plugins.
Socializando o teu blog
Con todo o da web 2.0, seguro, que o teu blog non é o único sitio no que estás en Internet. Se queres reunir todo ese fluxo de información que xeras en Internet no teu blog, hai varios plugins para iso. Para os usuarios de Twitter, Twitter for WordPress mostrará os seus tweets nun widget da barra lateral. Se tamén estás en Facebook, Facebook Posted Items fará o propio coa túa conta de Facebook. Tamén hai algo similar se usas Tumblr: Tumblr Widget, e para os teus compartidos de Google Reader, podes usar Google Reader Shared.
Cando o que queremos é enviar ás redes sociais o contido do noso blog, o mellor plugin que podemos usar é Sociable. Este plugin engade ao final de cada post unha lista coas redes sociais que queiramos, para que calquera que queira poida compartilo doadamente.
Para os que queiran conectar o seu blog a Twitter directamente, WP to Twitter enviará automaticamente todos os posts a Twitter. O mellor é que poderemos configurar o formato dos tweets, o servizo para acurtar as URLs e en que ocasións deberá enviar o twitt (post creado, post editado, páxina creada, etc).
Seguindo con Twitter, se somos moi fanáticos desta rede social, o plugin Twit Connect integrará o noso blog con Twitter: login con OAuth, avatares de Twitter, hovercards, un equipo para reproducir os tweets e vinculado automático de nomes de usuario ao perfil correspondente de Twitter.
Enlace | Twitter for WordPress
Enlace | Facebook Posted Items
Enlace | Tumblr Widget
Enlace | Google Reader Shared
Enlace | Sociable for WordPress 3.0
Enlace | WP to Twitter
Enlace | Twit Connect
Plugins para mellorar o rendemento e a seguridade
Si, moi bonito o teu blog… pero hai cinco minutos que entrei e aínda non se cargou de todo. Para que non nos pase isto, o mellor que podemos facer é instalar o plugin WP Super Cache, que garda as páxinas estáticas do noso blog en HTML. Desta forma, cando alguén se conecte ao blog e pida unha páxina, WP Super Cache dará esa páxina estática sen procesala enteira outra vez, aforrando tempo e carga do servidor.
Ademais do rendemento, seguro que tamén nos interesa que o noso blog estea seguro. Para iso temos varios plugins. Un deles é WP Security Scan, que nos di que deberiamos facer para mellorar a seguridade do noso blog e nos dá ferramentas para iso, como un xerador e comprobador de contrasinais, e unha ferramenta para cambiar o prefixo das táboas de MySQL.
Outro plugin interesante é Login Lockdown, que evita ataques de forza bruta para adiviñar o contrasinal. Cando detecta un número determinado de intentos falidos de entrar ao panel de administración dende un rango de IPs, desactiva esa posibilidade durante o período de tempo que lle digamos.
Enlace | WP Super Cache
Enlace | WP Security Scan
Enlace | Login Lockdown
¿Quen estivo no meu blog?
A curiosidade pica, e a moitos gústanos saber quen estivo no noso blog. Para iso, podemos usar o sistema de estatísticas de WordPress con WordPress.com Stats, con información sobre visitas por post, por autor, etc. Pero se queremos estatísticas máis completas, como as de Google Analytics, podemos usar o plugin Google Analytics for WordPress, que integrará o código de Analytics no blog doadamente.
Se ademais nos interesa saber en tempo real quen está no noso sitio, podemos usar WP-UserOnline engade un espazo no escritorio dicindo quen está online no blog.
Enlace | WordPress.com Stats
Enlace | Google Analytics for WordPress
Enlace | WP-UserOnline
Plugins para facernos a vida máis sinxela
Aínda que non se pode dicir que escribir nun blog sexa tarefa moi complicada, sempre hai algunhas ferramentas que nos axudan un pouco. Por exemplo, se queremos que automaticamente nos aparezan os posts relacionados, unha das mellores opcións é YARPP (Yet Another Related Posts Plugin), que mediante un algoritmo elixirá as entradas máis relacionadas e as mostrará ao final do texto.
Se non nos gusta moito o editor de WordPress, sempre podemos melloralo. Dean’s FCKEditor For WordPress engadirá un panel de edición moi completo, o da imaxe superior. Ademais, pode configurarse para que os comentarios se escriban cunha versión reducida do editor.
Para os que escriban moito código, seguro, que Easy Google Syntax Highlighter lles facilita a tarefa destacando os bloques de código segundo a linguaxe na que estean escritos. E se es un afeccionado das matemáticas, con WP LaTeX poderás escribir ecuacións todo o complicadas que queiras, usando toda a potencia da linguaxe LaTeX.
Enlace | Yet Another Related Posts Plugin
Enlace | Dean’s FCKEditor for WordPress
Enlace | Easy Google Syntax Highlighter
Enlace | WP LaTeX
Acabando co Spam
A ameaza sempre está aí, e aínda que acabes de crear o teu blog e non o coñeza ninguén, pode chegar un bot e enchercho de spam. Para evitar isto hai dous plugins que deberían estar en toda instalación de WordPress. Un deles é Akismet, desenvolvido pola propia xente de WordPress, e que filtra calquera comentario que poida ser spam, e a verdade é que é moi eficaz.
O outro é WP-reCAPTCHA. Usa o sistema reCaptcha do que xa vos falamos en Genbeta, de forma que á vez que evitas que os bots envíen comentarios, axudas a dixitalizar libros.
Enlace | Akismet
Enlace | WP-reCAPTCHA
E xa está rematada a lista, anímovos a que lle dediquedes un anaco a probar os plugins, a buscar máis e a contarnos como vos foi nos comentarios. E se credes que falta algún plugin, dicídeo para que todos poidamos coñecelo.


















el all in one seo pro es muy bueno tambien, no tiene mucha relación con el articulo, pero recomendadísimo plugin.
saludos